DeportesÚltima hora

O valdeorrés Mateo Valcarce, campión galego de marcha en pista Sub16 e Paula Cela, subcampioa

Ademais Daniel Bermúdez, compañeiro destes atletas no Club Adas, facíase co ouro galego na categoría Sub10

 

Novamente o podio de marcha galega en categoría Sub16 está marcado polos valdeorreses. Así se vén de reafirmar no mediodía deste sábado 22 de novembro nas pistas do CGTD de Pontevedra Pontevedra, onde se está a celebrar o Campionato Xunta de Galicia de marcha en pista de inverno.

Nesta proba galega competían na categoría Sub16 de 3km os marchadores valdeorreses Mateo Valcarce e Paula Cela, ambos do Club Adas Cupa do Barco, que se subían ao podio. Así Mateo Valcarce Fernández convertíase en campión galego Sub16, ao impoñerse claramente cun tempo de 14:00.24, fronte ao segundo clasificado, Antón Díaz (Club Atletismo Narón), cunha marca de 14:06.38.

 

 

Pola súa banda, Paula Cela Núñez facíase coa prata, ao quedar en segunda posición cun rexistro de 15:48.38, que era ademais marca mínima persoal. Soamente era superada por Alba Vázquez da Atlética Lucense (14:55.17).

 

Por outra banda, o tamén valdeorrés Daniel Bermúdez, que partía coa mellor marca na categoría Sub10 neste mesmo campionato, facíase tamén co título de campión galego.

Fotos cedidas.

 

Back to top button