DeportesÚltima hora

O valdeorrés Mateo Valcarce, campión galego Sub18 de marcha en ruta nos 10 km

A súa compañeira no Club Adas Cupa, Paula Cela, era cuarta nesta mesma categoría

 

A marcha valdeorresa continúa sumando excelentes resultados. O atleta Mateo Valcarce Fernández (Adas Cupa do Barco) vén de facerse neste 25 de xaneiro co título de campión galego Sub18 en marcha en ruta nos 10 km, na competición celebrada en Marín.

Valcarce entraba en meta no terceiro posto da clasificación absoluta xeral, sendo o primeiro na súa categoría e cun rexistro de 48:06. Só era superado por Nicolás Collazo (Ames Atletismo), cunha marca de 43:25, e por Juan Manuel Morales (Marineda Atlético).

 

 

Tamén facía un bo papel neste Campionato galego de marcha en ruta a súa compañeira de club, Paula Cela Núñez, que rozaba o podio en Sub18 feminino, ao quedar cuarta.

Nesta cita autonómica o Adas contaba tamén con representación nas categorías da base. Así Antía Guntiñas quedaba en quinta posición na proba Sub12 de 2 km, na que Dylan Castillo era terceiro en categoría masculina e Daniel Bermúdez quinto. De cuarta clasificábase Martina Lozano en Sub10 1 km.

Fotos cedidas.

 

 

Back to top button