DeportesÚltima hora

O valdeorrés Mateo Valcarce, cuarto no campionato de España de marcha Sub18 por federacións

A súa compañeira no Club Adas, Paula Cela, competía tamén co combinado galego e situábase no posto 34 en Sub18

Os valdeorreses Mateo Valcarce e Paula Cela, cos seus compañeiros na selección galega de marcha Sub18 en Cieza.

Salientables resultados para a Selección Galega de Marcha que competía nesta fin de semana no Campionato de España desta disciplina por federacións nas categorías Sub16, Sub20 e Sub18, que se desenvolvía neste 15 de febreiro en Cieza (Murcia).

Entre os atletas que formaban parte do combinado galego estaban dous valdeorreses: Mateo Valcarce Fernández e Paula Cela Núñez, ambos na categoría Sub18 e membros do Club Adas Cupa do Barco, que amosaban unha vez máis o seu talento en competición.

 

 

Mateo Valcarce rozaba o podio nesta cita nacional, cun cuarto posto na clasificación Sub18, logrando un rexistro de 45:52, que ademais era marca mínima persoal. Por federacións, a selección galega facíase co sexto posto en categoría Sub18 masculina.

 

 

Por outra banda, Paula Cela conseguía situarse no posto 34 en Sub18 feminina, cunha marca de 1:00:37. A selección galega feminina nesta categoría quedaba tamén nun sexto posto.

Fotos cedidas.

 

 

Back to top button