
Ábrese unha nova etapa á fronte do Consello Regulador da Denominación de Orixe Cualificada Rioxa e nela terá protagonismo un valdeorrés, Pablo Franco Sarria. No marco da renovación institucional que se está producindo no seo do Consello Regulador, os vogais do pleno daban onte, 19 de agosto, visto e prace a un cambio de calado para a xestión do organismo: o ata agora secretario director xeral deste organismo, José Luis Lapuente, deixará o cargo, tras 27 anos, o 1 de setembro.
A noticia coincide co inicio dunha nova etapa marcada pola visión dunha recentemente estreada presidencia da DOC Rioxa que “propón unha xestión máis próxima ao rexistrado e que lle achegue un maior valor, así como redefinir o rumbo do sector para os próximos anos cun programa de traballo dirixido a fortalecer a posición e prestixio da denominación”, segundo esta mesma entidade.
Un dos primeiros pasos dados neste sentido foi a posta en marcha do proceso de selección para cubrir o posto da dirección xeral da entidade. Este proceso realizouse a través dunha empresa especializada na selección de talento, no que participaron diversas candidaturas de alto nivel, tanto externas como tamén internas. O resultado deste foi acordado polo comité de presidentes de comisión, quen tras valorar as candidaturas finalistas, resolveu por unanimidade o proceso en favor de Pablo Franco Sarria.
Así este barquense , tras ser director do Órgano de Control desde 2017, asumirá a responsabilidade de liderar a xestión integral do Consello Regulador desde a data indicada.
A incorporación ao posto de Pablo Franco supón “a promoción interna dun da executivos clave do seo do Consello Regulador da DOCa Rioxa”, din dende o seu consello. Franco, que se incorporou ao persoal do ente exactamente hai 8 anos, é enxeñeiro en Industrias Alimentarias especializado no sector Vitivinícola cun Máster en Viticultura, Enoloxía e Marketing do viño e un MBA dunha recoñecida escola de negocios. A súa formación en materia de xestión compleméntase cun programa de Xestión de Negocios e Management da universidade de Georgetown. O novo secretario-director Xeral conta con máis de 20 anos de traxectoria profesional no sector Vitivinícola, nos que se enfrontou a multitude de responsabilidades técnicas e de xestión. Ademais dos seus demostrados dotes de liderado e de xestión de equipos, destacan a súa experiencia na dirección xeral de adegas e as súas responsabilidades en distintos postos de diversos consellos reguladores vitivinícolas, o cal lle outorga unha visión 360 do sector.
Durante o pleno Raquel Pérez Cuevas, presidenta da DO Ca. Rioxa, destacaba que, “como demostrou nos últimos anos, Pablo é un profesional incansable, innovador, cunha clara visión de negocio e un estilo próximo que lle levou a coñecer as necesidades da nosa Denominación e os seus rexistrados. Non teño dúbida de que é o líder que a xestión diaria do noso Consello Regulador necesita para facer fronte aos importantes retos e proxectos que se aveciñan”.
Pola súa banda, Pablo Franco comentaba que “ser nomeado Director Xeral da DOCa Rioxa é sen dúbida unha enorme honra e, ao mesmo tempo, unha enorme responsabilidade; non cabe dúbida de que asumir unha posición como esta puidese xerar certa vertixe, pero en min esperta un profundo respecto e unha gran emoción”. Franco engadía que “gozo enormemente con este traballo, e nesta nova etapa como Secretario-Director Xeneral vou esixir o máximo a min mesmo, para construír grandes cousas da man do sector, e sobre todo, para facer que os soños desta rexión fáganse realidade”.