
Sobresaínte actuación do atleta valdeorrés Pablo García Arias, do Club Adas Cupa do Barco, no Campionato de España Sub20 que desenvolvía nesta fin de semana en Albacete. Facía “un gran campionato”, tal e como destaca a Federación Galega de Atletismo, cun resultado de medalla de bronce na proba dos 110 valos cunha marca de 13.97.
“Con este metal continúa a “saga” familiar dos García Arias aportando talento e éxitos ao noso deporte”, resaltan dende a federación galega.