
As pistas da Universidade de Santiago de Compostela acollía o 8 de xullo a última concentración do Plan Galego de Tecnificación Atlética 2026 (PGTA) deste verán coa celebración dunha sesión técnica do sector de valos.
Entre os atletas participantes (das categorías Sub16, Sub18 e Sub20) estaba o valdeorrés Pablo García Arias (Sub20) do Club Adas Cupa do Barco.
“Co desenvolvemeto da mesma, péchase a primeira parte este plan que arrincaba o pasado 28 de marzo e que tivo por diante a celebración dun total de nove sesións das distintas modalidades. A partir do 26 de setembro reanudarase, xa como PNTD, ca organización doutras 12 sesións que rematarán o 6 de decembro”, informa da Federación Galega de Atletismo (FGA).
