
Nos seus case trinta anos como adestrador de fútbol sala (no Vilamartín FS, no Pizarras Tres Cuñados FS, no Ribeira e actualmente no Vianariño FS), o barquense Xocas Miranda leva conseguido moitos logros e tamén recoñecementos a nivel galego e tamén nacional.
O último é o premio ao mellor adestrador da Preferente Futgal (Grupo 2) de fútbol sala, que concede a Escola de Adestradores e que lle será entrado nun acto en Ferrol (A Coruña) o vindeiro sábado.