En portadaÚltima horaVídeos

O vento volve complicar a situación do incendio no Barco, que enfía cara Santigoso

 

Momentos moi difíciles estanse a vivir no Barco por mor do incendio forestal que se estendía este mediodía dende Riodolas (Carballeda de Valdeorras). O lume continúa avanzando a toda velocidade e un novo cambio do vento fixo que o incendio enfiase cara o oeste, camiño de Santigoso, tal e como vén de confirmar o tenente de alcalde do Barco, Aurentino Alonso; o que fai que se estea a valorar a posibilidade de desaloxar tamén esta localidade barquense, pero polo de agora non se tomou ningunha decisión.

“Puidemos librar o depósito da auga e a liña de alimentación da auga, co cal pensamos que nese aspecto non vai haber problemas co subministro”, engade Alonso.

Tamén preocupaba moito a situación dalgunha casa en Viloira, que finalmente logrou salvarse das chamas.

O lume cruzou o arroio Valado en Viloira e estendeuse pola ladeira chegando a verse fronte ao Paseo do Malecón.

En canto se teñan máis datos ampliarase a información.

O primeiro dos vídeos é cedido.

 

 

Artigos relacionados

Back to top button