
Entre os numerosos atletas que participaban a Mini-Bay, unha carreira entre NIgrán e Baiona que se desenvolvía neste 12 de abril, estaba o veterano atleta valdeorrés Paco Bao, do Club Adas Cupa do Bao. Este evento deportivo cobre un traxecto de 10,55 km. “Proba superada”, comenta o corredor, que suma xa 810 citas na súa traxectoria.
A próxima competición á que acudirá será a XVI Carreira do Cocido de Lalín, prevista para o 19 de abril.
Fotos cedidas.
