Na tarde deste sábado 11 de abril, tras dúas vitorias consecutivas, o equipo sénior masculino do Vianariño FS perdía 1-6 ante o líder do grupo na Terceira División Nacional (Galicia), o Composala, que demostraba unha vez máis porque é o favorito para gañar a liga.


Na xornada na que presentaban o seu himno, os rapaces do Vianariño saían ao parqué do pavillón de Viana do Bolo dispostos a dar a cara e así o facían aínda que os goles non chegaban sendo os composteláns os que marcaba un gol tras outro ata chegar ao sexto. Con todo, no minuto 35 Roi marcaba para os celestes poñendo o 1-6 final.

Con este resultado o Vianariño mantense na zona baixa da clasificación pero fóra dos postos de descenso. O seguinte partido disputarano en Guitiriz.


Fotos: Carlos G. Hervella.