CulturaCulturaEducaciónÚltima hora

O VII Congreso científico escolar da montaña celebrarase do 8 ao 9 de maio nos centros de ensino de Trives

Fachada do CEIP Plurilingüe Manuel Bermúdez Couso, da Pobra de Trives.

 

O vindeiro xoves 8 de maio o CEIP Bermúdez Couso da Pobra e o IES Xermán Ancochea de Trives serán escenario do VII Congreso científico da montaña. Nel participará alumnado de primaria e infantil, así como de secundaria, dun total de dez centros das provincias de Lugo e Ourense, o que suporá un total de 180 alumnos e 24 mestres.

No caso do alumnado da primaria e infantil, será como unha “feira de ciencias” con expositores que montarán os propios escolares para amosar os seus proxectos, e irán rotando por eles para velos todos.

Ademais, pola tarde está previsto un taller do CSIC, tamén haberá tempo de lecer para fomentar a convivencia e mesmo unha carreira de orientación científica por Trives.  Despois virá unha velada nocturna “Os sentidos e a ciencia”.

O alumnado da ESO e de Bachalareto farán  exposicions dos traballos, un total de 18, no IES Xermán Ancochea da vila en varias sesions, pola mañá e pola tarde. Así mesmo terán un taller do CSIC e unha ruta de sendeirismo polos sequeiros de Pena Folenche e, xa pola noite, unha velada de astronomía.

O alumnado participante durmirá no colexio e no IES, en sacos. Ao día seguinte, venres 9 de maio, o congreso incluirá unha actividade lúdica na Estación de Montaña.

Os centros participantes nesta edición son os seguintes:
CEIP Manzaneda
CPI Cervantes
IES O Couto
CEIP Triacastela
CPI Courel
CPI Pedrafita
IES Becerreá
IES Xermán Ancochesa Trives
CEIP Manel Bermúdez de Trives

Este congreso estaba inicialmente previsto para o 29 de abril, pero o apagamento truncou a súa celebración que agora se recupera.

Back to top button