
A igrexa parroquial de Parada de Sil acollerá na tarde do vindeiro 27 de xuño o X Certame de Corais e Agrupacións Vocais AquaOurense a partir das 19:30h. Nesta mostra participarán cinco agrupacións corais: Rondalla de Centle (Agolada), Coral Polifónica de Monterroso, Coral María Soliña de Moaña, Grupo Velai Vai de Bentraces e a Coral Aqua Musica.
Este evento musical está organizado por Aqua Música, co patrocinio do Concello de Parada de Sil e a Deputación de Ourense, e coa colaboración da Parroquia Santa María desta mesma localidad e da adega Ponte da Boga.


