EconomíaEconomíaÚltima horaViticultura

O X Viñotapeo de Quereño (Rubiá) celebrarase o 23 de maio

Os participantes poderán realizar un percorrido por ata dez adegas para desgustar viños e diversos petiscos

 

A data da décima edición do Viñotapeo de Quereño (Rubiá) vén de darse a coñecer. Este percorrido enogastronómico e festivo, que cada ano atrae a máis visitantes e que se desenvolve ao longo desta localidade, celebrarase  osábado 23 de maio a partir das 20h.

Nesta edición contará novamente con dez adegas de diferentes barrios nas que se ofrecerá ao público viño e outras bebidas, xunto con variados e saborosos petiscos. Serán as do Barrio do Regueiro, A Currelada, O QuintairoI, o Quintairo II, As Cortiñas, A Texeira, A Estación I, A Estación II, A Estación III e a Estación IV. Ademais o ambiente estará animado pola música dunha charanga.

A entrada para poder participar neste Viñotapeo será de 12 euros e con ela entregarase unha taza e un pano. O punto de venda situarase, como en anteriores edicións, á entrada de Quereño esa mesma tarde.

O percorrido finalizará nas pistas onde haberá café e deliciosas sobremesas caseiras para os participantes. O Viñotapeo está organizado pola Comisión de Festas de Quereño, “coa especial colaboración do pobo”, e co apoio do Concello de Rubiá.

 

Back to top button