A VeigaConcellosÚltima hora

O xa tradicional Nadal Enxebre enche de maxia as rúas e prazas da Veiga

 

Na tarde do sábado 6 de decembro A Veiga abría oficialmente a programación navideña coa inauguración do seu Nadal Enxebre, acompañado de chocolate, música e turrón.

 

 

Mimando cada detalle e botando man da madeira, de diversos elementos vexetais e de moito enxeño e creatividade, a veciñanza da Veiga volvía unir esforzo e traballo para sorprender coa fermosa estampa que decora xa as rúas da vila para facer deste tempo moito máis que un simple Nadal.

 

 

Dende pequenas figuras talladas en madeira a outras de tamaño natural, pasando por unha serie de fauna propia dos montes de Trevinca ata animais domésticos, pero tamén fermosas casas e escenas de oficios tradicionais que pola noite relocen coa fermosa iluminación.

 

 

Fotos cedidas.

 

 

Back to top button