Dende hai uns anos a Festa de Reis da Mezquita tamén se celebra por parte das mulleres desta localidade que, ademais de participar nos cantos e na recollida de aguinaldos, tamén celebraban os seus propios banquetes nun local diferente do dos homes.

E, por suposto, teñen os seus propios cargos. Neste caso, a celebración está presidida por Paula como Raíña e Manoli como Virraíña. Neste domingo 4 de xaneiro celebrábase o Día dos Invitados, nun xantar no que as participantes da festa poden convidar a sentarse na mesa a persoas de fóra da Mezquita.
Fotos cedidas.
