A RúaConcellosÚltima hora

O xantar solidario de Mans Unidas na Rúa recada 4.109,20 euros para proxectos de desenvolvemento

 

O xantar solidario de Mans Unidas celebrada o domingo 24 de maio na Rúa por primeira vez reunindo a 240 persoas, lograba un beneficio final de 4.109,20 euros que será destinado aos proxectos de desenvolvemento promovidos por Mans Unidas.

A iniciativa foi posible grazas ao traballo xeneroso das Voluntarias da Caridade, dos fregueses das distintas parroquias da Rúa e Petín, e de tantas persoas que, dunha forma ou outra, sumáronse para colaborar. Por iso dende a organización queren amosar un agradecemento especial e cariñoso a todos eles “polo seu tempo, o seu esforzo, a súa dispoñibilidade e a súa entrega antes, durante e despois da comida”.

A xornada volveu demostrar que “cando unha comunidade se une, a solidariedade multiplícase”, xa que foron moitas as persoas que colaboraron mercando entradas, realizando donativos, achegando comida, agasallos para a tómbola, viño, pan, produtos, traballo e axuda na organización.

Dende a organización explican que o total de ingresos (2.410 euros das entradas, 1.700,66 dos donativos e 1.065 de rifas e mojitos solidarios) foi de 5.175,66 euros aos que tiveros que restar 1.066,46 de gastos de organización (imprenta, empanadas, menaxe e decoración, pan, lacón e asado.

 

 

Agradecen de maneira especial a colaboración de: Concello da Rúa, Mantesil, Gaseosas Roca, Pizzería Vanessa, Mercería Geles, Administración de loterías Aureanas, Foto Nuria, Casino A Rúa, Pazo do Castro, Restaurante Pepa A Rúa, Fíos Amalia, Electrodomésticos Aparellos, Librería Mi mamá me mima, Herbolario Inma, Textiles Rosendo, Susana Balea, Viajes Susana Canel, Casa Daga, Peluquería Rosi O Barco, Peluquería Isama, Mercería Raquel, Álvaro Blanco, Tintorería Ana O Barco, Cafetería Bambú, Ferretería Vilariño, Tienda móviles Javier, Mueblería El Barato, Mueblería La Moderna, Fisioterapia Magadán y Oliva, Valladares, Susi Sotelo, Manicura y pedicura Cris, Aluminios Luis, Bruno y Joel, Panaderías Artesanos Peyma, Vicente Gasolineras Petrol e Seguros Álvaro.

“Tamén se agradece a colaboración dos supermercados Covirán, IFA e Plenus; das floristerías Terán, Elisa, Campo Grande, Pura e S. Antón; e das adegas e colaboradores do viño: A Coroa, Joaquín Rebolledo, Quinta da Peza, Consello Regulador, Corzo O Bolo, Seadur Rogelio, David Bea Vilela, Mencía do Rei e Alan de Val”.

Finalmente, agradecen tamén a axuda de Juan Luis e Paquita, Pepi Fariñas, profesora de ximnasia Raquel, Bar Cuatro Caminos, Panadería Noe, Panadería Juyana, Panadería Aurora e Net Works.

En definitiva, “dende a organización quérese facer chegar un sinceiro grazas a todos os colaboradores, comercios, fregueses, voluntarios e participantes. Cada aportación, grande o pequena, fixo posible este resultado solidario”.

 

Back to top button