A “Festa do Almendrado” de Santa Cruz (O Bolo) terá o día grande o venres 21 de agosto, coa actuación musical da orquestra Escaparate e de Dj Tariro, ademais do xogo da rá, pero o programa festivo abríase hoxe cun xantar veciñal.
No mediodía deste sábado 15 de agosto uns 110 veciños desta localidade do concello do Bolo, reuníanse en torno á mesa e baixo unha carpa para degustar un menú a base de empanada, pulpo á feira, paella, pan, viño, bica e por suposto amendoados.

Ademais nesta edición rendían homenaxe aos maiores da aldea, entregando un diploma aos catro de 85 anos presentes no xantar.


Fotos cedidas.