
A tormenta da pasada fin de semana arrancaba parte do tronco e dunha das árbores do xardín que rodea ás piscinas municipais descubertas do Barco. Tratábase dun ciroleiro de xardín. Esta mañá procedíase a cortar os restos da árbore.
Hai unhas semanas, este mesmo xardín perdía dous sauces choróns de grandes dimensións, que eran cortados, segundo o Concello do Barco, por motivos de seguridade.
