
O xerente do Servizo Galego de Saúde, Luis León, visitaba este mércores os hospitais públicos de Valdeorras, no Barco, e de Verín, no marco da rolda de contactos que está a desenvolver para analizar a situación dos centros sanitarios galegos e planificar as súas necesidades asistenciais a corto e medio prazo.
Durante a visita, o xerente do Sergas coñeceu os distintos servizos dos centros co obxectivo de valorar as diversas realidades e horizontes, tanto no eido organizativo como no estrutural e tecnolóxico. León referías tamén á “a aposta do Servizo Galego de Saúde por mellorar a dotación dos hospitais comarcais, coa subministración de novo equipamento, como ecógrafos, mamógrafos e, onte mesmo, coa licitación para a subministración dunha nova incubadora de transporte extrahospitalario con destino ao Hospital Público de Valdeorras”.
Con esta, xa son cinco as visitas do responsable sanitario aos hospitais comarcais, tras acudir en días pasados ao Hospital Público de Monforte de Lemos, ao Hospital Público do Salnés e ao Hospital Público Virxe da Xunqueira de Cee.
