CulturaCulturaÚltima hora

O XIII Concurso de Microrrelatos Ribeira Sacra-Parada de Sil dá a coñecer aos seus ganadores

Exterior do Concello de Parada de Sil./ Foto: Carlos G. Hervella.

 

O XIII Concurso de Microrrelatos Ribeira Sacra-Parada de Sil xa ten ganadores. “Despois dun longo e coidadoso traballo de corrección a cargo do xurado designado ao efecto e composto polo profesores Arturo Fernández e Delfín Caseiro e presidido polo catedrático emérito da Brown University, natural de Parada de Sil, Antonio Carreño no día de hoxe emitiuse o fallo”, tal e como vén de informar o Concello de Parada de Sil.

Unha vez máis este concurso rexistraba unha alta participación de todas as comunidades autónomas e de varios países estranxeiros, e, a dicir do xurado, é o ano con máis calidade aínda que o número de participantes se reducise algo feito que se producíu, segundo o alcalde, Aquilino Domínguez, por un erro técnico na difusión do mesmo estando a participación en torno a catrocentas persoas.

O primeiro premio en galego foi outorgado á Manuel Romero de Santiago de Compostela co relato titulado “Os retratistas”, dotado con 1.000 euros

O primeiro premio en castelán, tamén dotado con 1.000 euros, concedeuse a Macarena Expósito de Sevilla, premiada tamén no 2023 e autora de varias publicacións, nesta ocasión cun microrrelato titulado “Abrazando la ausencia”

Por primeira vez, salienta o xurado, o segundo premio que se otorga independentemente do idioma foi para un microrrelato en galego de Esteban do Cabo do Carballiño e tamén premiado no 2023, neste caso co título “ Hai alguén aí?” polo que recibirá 500 euros.

O terceiro premio foi para Huelva e correspondíalle a Joaquín Correa, autor de varias publicacións, algunha novela. Presentou o microrrelato “La carrera”, premio dotado con 300 euros.

Os premios serán entregados o día 10 de maio, data na que o concello celebrará este ano o Día das Letras Galegas.

Aquilino Domínguez, alcalde de Parada de Sil, agradece a participación e tamén a corrección dos membros do xurado que, “de xeito desinteresado e altruísta, dedican moitas horas ao Concello de Parada de Sil para dotar de rigor a este concurso”.

Back to top button