EconomíaEconomíaÚltima horaVídeos

O XV Mercado de Nadal do Barco contará con 37 postos e moitas actividades complementarias

Celebrarase os días 20 e 21 de decembro na praza do Concello, en horario de 11 a 14 e de 16 a 20 horas

 

Con case corenta expositores (produtores e alimentación; artesanía e detalles de Nadal e asociacións sen ánimo de lucro), unha nova decoración e moita actividades complementarias se presenta a XV edición do Mercado de Nadal do Barco de Valdeorras que se celebrará na fin de semana do 20 e 21 de decembro na praza do Concello.

 

 

A encargada da súa presentación era a concelleira de Comercio e Turismo, Alba Rodríguez quen, acompañada polo concelleiro de Sanidade e Servizos Sociais, Orlando Saavedra, explicaba as novidades deste ano. O acto ofcial de apertura será o sábado ás 11:30 horas e a partir de aí o público poderá percorrer os diferentes postos e participar nalguna das actividades entre as que destaca o vermú de Nadal coa enóloga Cecilia Fernandez ás 12 horas do sábado e o showcooking coa cociñeira barquense Noelia Fernández Rey, xefa de cociña do restaurante La Tasquería de Javi Estévez de Madrid que conta con 1 Estrela Michelín, ás 12 horas do domingo.

Con respecto aos obradoiros, haberá de mañá e de tarde, ambos días, de decoración navideña con I’mperfekta e Spoombini Designs. E para os máis pequenos haberá maxia e unha festa de Nadal, ademais de sorteos e moitas máis cousas.

 

 

Comercio Xusto

Dende a Concellería de Servizos Sociais, Igualdade e Sanidade do concello do Barco de Valdeorras xunto co Fondo Galego de Cooperación e Solidariedade en colaboracións coa ONG Comercio Xusto Solidariedade Internacional de Galicia, Solidariedade Internacional de Galicia continúa promovendo a reflexión e difusión dos Obrectivos de Desenvolvemento Sustentable (ODS), establecidos como parte da Axenda 2030 para erradicar a pobreza, protexer o planeta e garantir unha prosperidade sostible para todas as persoas.

 

 

Facendo eco deste obxetivo, o conclleiro infomaba de que os días 18 e 20 de decembro terán lugar de xeito diferentes actividades en relacións a actividades de Comercio Xusto. O 18 a obra de teatro Vaia Tea no Teatro Lauro Olmo, dirixido ao alumnado dos institutos Lauro Olmo, Martaguizsela e Divinoa Pastora. Será ás 11 da mañá cun debate posterior.

E o día 20 Feira de Comercio Xusto e proxección da curtametraxe sobre o café coincidindo co Mercadiño de Nadal a desenvolver na praza do Príncipe, na praza do Concello e na praza de abastos.

Fotos e vídeos: Mónica G. Bellver.

Back to top button