En portadaÚltima horaVídeos

O XVII Mercado Medieval de Tremiñá (O Barco) recrea a malla tradicional, ao son de Abertal

 

O característico son dos mallos enchía a praza de Tremiñá (O Barco) na tardiña do 13 de xullo. O ritmo dos malladores, organizados por quendas, marcaba a recta final dun intenso e animado XVII Mercado Medieval, que ao longo da fin de semana enchía de festa, teatro, xogos, gastronomía, música e artesanía esta localidade, atraendo a numerosas persoas.

 

 

Así, eran moitas as persoas que se xuntaba para presenciar esta demostración que se iniciaba ás oito e media da tarde do domingo 14 de xullo. Xusto despois da actuación da agrupación ruesa de música tradicional Abertal polos diferentes espazos da feira. Despois o seu ritmo animaba o recinto da malla.

 

 

Ademais no broche deste mercado medieval tiña lugar unha demostración de traballo en madeira, así como unha especialmente emotiva homenaxe a Pistolo, un dos colaboradores desta iniciativa dende a súa primeira edición.

 

 

Fotos: Carlos G. Hervella.

Vídeos: O SIL.

 

 

 

 

Back to top button