OurenseÚltima hora

O XX Premio Clara Campoamor recoñece en Ourense a traxectoria de Marisol Nóvoa Rodríguez a título póstumo

O alcalde Gonzalo Jácome destaca que “o seu paso pola presidencia da CEO non foi só un fito local, foi unha mensaxe a toda España”

 

A Sala Valente da cidade de Ourense acollía na tarde do 25 de marzo o acto de entrega do XX Premio Clara Campoamor á Igualdade de Oportunidades, que outorga o Concello de Ourense no marco das actividades de celebración do 8-M, Día Internacional das Mulleres.

O xurado, reunido o día 3 de febreiro, acordou conceder o premio, a título póstumo, á empresaria e avogada ourensá Marisol Nóvoa Rodríguez, quen foi ademais a primeira presidenta da Confederación Empresarial de Ourense.

O recoñecemento destaca a súa figura como un “exemplo de compromiso, solvencia profesional e vocación de servizo público desde o tecido empresarial”. Tamén salienta a súa contribución “decisiva á normalización da presenza feminina en órganos de dirección ocupados tradicionalmente por homes”.

O acto contou coa asistencia do alcalde de Ourense, Gonzalo Pérez Jácome, e a concelleira de Igualdade, Noa Rouco, entre outros representantes da Corporación municipal e a familia de Marisol Nóvoa. A súa sobriña, Lara Ferradás Nóvoa, recolleu o premio das mans do alcalde, que destacou que “o seu paso pola presidencia da Confederación Empresarial de Ourense (CEO) non foi só un fito local. Foi unha mensaxe a toda España. Marisol foi das primeiras mulleres no noso país en pórse á fronte dunha organización empresarial, demostrando que o liderado non  entende de xéneros senón de capacidade e de visión”.

 

Back to top button