Este venres, 3 de outubro, o XXI Foro da Igualdade arrancou cunha xornada dirixida aos centros escolares da comarca, cunha actividade pensada especifi camente para achegar á mocidade a realidade da violencia de xénero desde unha linguaxe próxima e directa.
A psicóloga especialista en violencia de xénero Noelia Míguez compartiu unha conversa “de ti a ti” co alumnado, ofrecendo unha visión diferente e afastada do que se atopa habitualmente nas aulas. A través de exemplos reais, deu a coñecer historias como a de Ana Orantes, a primeira muller que denunciou violencia de xénero, ao tempo que situou a súa propia experiencia persoal e profesional como punto de partida para sensibilizar e concienciar ás novas xeracións. “Cando lles conto a historia de Ana Orantes, a primeira muller que alzou a voz en televisión e que foi asasinada pouco despois, entenden que isto non é teoría: é vida ou morte”.
Esta primeira xornada confi rma a aposta de FEMURO por implicar á mocidade na construción dunha sociedade en igualdade, ofrecéndolles espazos de aprendizaxe e diálogo que non adoitan atopar no día a día escolar. A actividade enmárcase no proxecto Fíos Violetas, co que a entidade desenvolve accións de prevención e sensibilización fronte á violencia de xénero.
“Sempre recibo mensaxes logo das conversas: rapazas que se senten identifi cadas, que piden consello para amigas ou que simplemente queren compartir comigo algunha refl exión”, explicou Míguez. Unha resposta que confi rma o impacto destas sesións, que leva anos impartindo en centros de toda España, e que tamén recolle no seu libro Ocho señales, xa pola súa terceira edición.
O XXI Foro da Igualdade continuará mañá sábado cunha xornada aberta ao público no Auditorio de Verín. Será a quenda de Adriana Cardozo, que compartirá a súa historia en primeira persoa, e de Mabel Lozano, que presentará en Galicia o seu novo documental Abril. Hoy no es invierno, poucos días despois da súa estrea mundial en San Sebastián. Unha sesión pensada para coñecer de preto voces que transforman a realidade a través do testemuño e do cinema social.