A VeigaConcellosÚltima hora

O XXIII Viacrucis da Serra trasladábase o Xoves Santo á igrexa de Lamalonga (A Veiga)

 

As malas condicións meteorolóxicas levaban á organización do XXIII Viacrucis da Serra, previsto para a tarde do 28 de marzo, a decidir suspender este percorrido relixioso de case 14 km, dende o Alto da Portela ata Lamalonga (A Veiga). Acórdabase na mañá do Xoves Santo trasladar este acto relixioso á igrexa de Lamalonga. Despois, os asistentes comparían unha chocolatada no local social da localidade.

Este singular viacrucis tense convertido nun referente da Semana Santa valdeorresa. Realizábase por primeira vez no ano 2000 seguindo as esculturas das quince estacións talladas en pedra polo artista Pepe de Barrio de Lamalonga. El mesmo participaba nese primeiro percorrido. Hoxe continúa manténdose o viacrucis lembrando a figura deste polifacético creador e sendo organizado pola Asociación de Cooperación para o Desenvolvemento de Lamalonga “Pepe de Barrio”.

Fotos cedidas.

Artigos relacionados

Back to top button