CulturaCulturaEducaciónÚltima hora

Obradoiro de cabazas e merenda de Samaín en Vilamartín de Valdeorras

 

Arredor dun obradoiro de decoración de cabazas e unha boa merenda “terrorífica” se celebra o Samaín en Vilamartín de Valdeorras, da man da ANPA do CEIP Xosé Manuel Folla Respino en colaboración co Concello.

 

 

A actividade celebrábase na tarde deste venres 31 de outubro no local que a Asociación de Nais e Pais ten na praza da vila.

 

 

Mañá, sábado 1 de novembro, será a quenda do Magosto no Centro Sociocultural Santa Lucía a partir das 19 horas. Haberá bolos preñados, auga/ viño/ refrescos, bicas e licores por 8 euros que custará a entrada. A venda anticipada será no Bar Santos, no Bar Acuarela e a través dos membros da ANPA.

Fotos: Mónica G. Bellver.

Back to top button