
Dentro do programa de Saúde Comunitaria e Atención Primaria da Área Sanitaria de Ourense, Verín e O Barco, neste mes de novembro figuran dous obradoiros que se impartirán no terceiro andar do Multiusos do Barco.
O primeiro deles impartíase na tarde do 14 de novembro e estaba centrado na “Dietética, nutrición e medicación”. De cara á vindeira semana, o 21 de novembro, terá lugar unha nova sesión deste tipo, desta volta co título “Non estades sós, somos un equipo”, entre as 16:30h. e as 18:30h. En ambos casos os obradoiros corren a cargo de Susana Fernández e Laura Anta, do equipo ESAD Valdeorras.
Na actividade colabora o Concello do Barco.