SanidadeÚltima hora

Obradoiro para evitar situacións de desgaste e estrés dos coidadores de persoas dependentes

Impartíase por parte de profesionais de enfermería de Atención Primaria na Casa do Concello do Irixo

 

A Casa do Concello de O Irixo acollía na tarde do 19 de xullo un obradoiro de Saúde Comunitaria “¿Quen coida ós que coidan?”, organizado pola Subdirección de Enfermaría de Atención Primaria e impartido por profesionais de enfermaría da área sanitaria.

Este obradoiro foi impartido polo enfermeiro especialista en Saúde Mental, José Delgado, e Alicia Teixeira, enfermeira do ESAD (Equipo de Soporte de Atención Domiciliaria) do Centro de Saúde de O Carballiño.

Esta actividade vai dirixida as persoas que se ocupan do coidado de un familiar enfermo ou dependente que a miúdo presentan importantes malestares, que adoitan experimentarse en soidade e comprometen a súa saúde física e psicolóxica. “Sabemos que ante problemáticas sociais como esta as abordaxes grupais comunitarios son a alternativa idónea. Por elo preparamos este programa comunitario destinado a mellorar a saúde e o ben estar das persoas coidadoras”, explican dende a área sanitaria ourensá.

O obradoiro ten como obxectivo crear un espazo de reflexión achega da problemática do coidador principal e axudarlles a desenvolver habilidades para coidar e non deixar de coidarse, para evitar situacións de estres e desgastes innecesarios.

Artigos relacionados

Back to top button