SanidadeÚltima hora

Obradoiros de Atención Primaria sobre saúde escolar, en colexios da provincia nesta semana

Cedida.

 

Case vinte actividades de saúde comunitaria están programadas ao longo desta semana en diferentes colexios da Área Sanitaria de Ourense, Verín e O Barco. No caso de Valdeorras son un total de tres os obradoiros. Dous deles serán impartidos en Valdeorras pola hixienista Yolanda Fernández, co relatorio “Mira que boca” os días 9 e 12 de abril nos CEIP Julio Gurriarán e Condesa de Fenosa do Barco, respectivamente.

Ademais, para o 12 de abril está previsto o obradoiro “Garavanciño come saniño”, de nutrición, no CEIP Bibei de Viana do Bolo, a cargo de Jesús Carbayo.

Tamén no oriente ourensán desenvolvíanse os obradoiros “Matilda no cole” (de primeiros auxilios, en dúas sesións) no CEIP Virxe dos Remedios de Castro Caldelas neste 8 de abril e, nese mesmo centro, “Revolución Teenager” (de educación afectivo sexual), da man da enfermeira Lucía Bruquet.

Artigos relacionados

Back to top button