Esta mañá no Centro de Saúde dos Peares desenvolvíase unha actividade de saúde comunitaria impartida polo personal de enfermaría de atención primaria destinada a monitores de tempo libre que atenden os campamentos de nenos e nenas nesta época veraniega.
Esta formación en primeros auxilios foi impartida polo enfermeiro referente en saúde comunitaria do Centro de Saúde de Coles, Antonio Zapata, o enfermeiro do ESAD de Ribadavia, Manuel Araújo, e pola enfermeira do Centro de Saúde de Os Peares, Nerea Pan.
Neste obradoiro formativo os monitores participantes aprenderon cómo afrontar as situaciacións de urxencias máis frecuentes que soen presentarse na súa actividades cotiá: feridas, contusións, atraogamentos, afogamentos, picaduras de insectos, garrapatas ou avespas, paradas cardiorrespiratorias…
Este tipo de obradoiros están organizados polos referentes de saúde comunitaria dos distintos servizos de atención primaria de toda a área sanitaria ourensá, baixo a coordinación de Verónica Civeira, que é a subdirectora de enfermaría de Atención Primaria.