Rematando o mes de outubro volve o Samaín ao Barco de Valdeorras. Este ano, a celebración terá lugar o venres día 30 na Biblioteca Municipal Florencio Delgado Gurrirán, con dúas actividades destacadas.

Ás 17:30 horas, darán comezo os obradoiros de pintacaras, tatuaxes e creación de amuletos de Samaín; e ás 20 horas, comezará o contacontos “Unha verdadeira Bruxa”.
Ademais realizarase un sorteo de libros entre os asistentes a estas actividades.