EconomíaEconomíaÚltima hora

Obradoiros infantís, música, pintacaras e túnel do terror no “Samaín Obarcoaberto”, o 31 de outubro

Organizado polo Centro Comercial Aberto O Barco, celebrarase na praza do Concello e no pavillón vello

 

Cunha programación completa e variada, dirixida a un público familiar e infantil, a asociación Centro Comercial Aberto (CCA) O Barco celebrará, o sábado 31 de outubro,  o seu Samaín Obarcoaberto, con actividades ao longo de toda a xornada.

Pola mañá haberá un obradoiro infantil a cargo do equipo de Artesanía Cousanosa que guiará aos participantes nun taller creativo na praza do Concello, ás 11:30h. recomendado para nenos/as a partir de 4 anos, ademáis dunha sección de tatuaxes na mesma praza, onde os máis pequenos poderán tatuarse ao estilo de Samaín; e unha carpa co xa tradicional fotocall que estará todo o día.

Pola tarde, haberá outro obradoiro infantil (tamén recomendado para cativos a partir de 4 anos), a cargo do equipo de O Mundo de Popitas, que guiará aos participantes nun taller creativo tamén na praza do Concello, ás 17:30 horas.

 

 

Para poder participar nos obradoiros (máximo de 15 prazas en cada un) será obrigatorio realizar unha inscrición previa, do 26 ao 30 de outubro, na oficina do Centro Comercial Aberto sita no Viveiro de Empresas, presentando un tícket de compra por importe mínimo de 10 euros e de compras realizadas durante o prazo de inscrición, dalgún establecemento asociado. O prazo de inscrición irá do luns 26 de outubro ao venres día 30 en horario de 10 a 13h. no Viveiro de Empresas.

Pola tarde tamén haberá na praza un posto para decorar e recoller chapas personalizadas de Samaín; e instalarase unha carpa onde haberá reparto de hot dogs e pipocas, a partir das 17:30, a cambio dun tícket de compra por importe mínimo de 5 euros e de compras realizadas ese día. 

A esa mesma hora instalarase unha disco móbil e xa a partir das 19horas estará instalado no pavillón vello o túnel do terror para nenos/as, novos e adultos. Para poder acceder será necesario entregar un tícket de compra dalgún establecemento asociado por importe mínimo de 5 euros polo que terán acceso un adulto e un neno (menor de 12 anos). “Sen tícket de compra a entrada en despacho de billetes sería de 5 euros por persoa”, puntualizan dende o CCA, indicando que co diñeiro recadado en despacho de billetes sortearase un vale ou vales de compra (dependendo da cantidade recadada) na campaña de Nadal. “Recoméndase aos participantes na campaña Samaín Obarcoaberto vir disfrazados para gozar moito máis da experiencia”, indican dende a organización.

 

 

Fotos da anterior edición do Samaín Obarcoaberto: O SIL.

Back to top button