
Na tarde deste mércores 10 de decembro realizábanse obras de asfaltado na rúa Circunvalación, na vila valdeorresa da Rúa, entre a rotonda do Campo Grande e a praza da Estación.
Trátase dunha estrada moi concorrida (por ela accédese ao Centro de Saúde e e a unha superficie comercial entre outros espazos) que se atopaba nun estado de gran deterioro con grandes fochancas.
