
A Pasarela de Moda organizada pola asociación Centro Comercial Aberto (CCA) O Barco segue cumprindo anos, atraendo a numerosos clientes do comercio de proximidade co obxectivo de promocionar o sector barquense.
Tralos anteriores aprazamentos por mor da chuvia, o evento celebrarase finalmente o sábado 27 de setembro na rúa Academia Dequidt do Barco de Valdeorras, presentado por Fátima Pego, cantante e presentadora da TVG.
Desde as 19:30 horas, máis dun centenar de modelos de todas as idades, veciños e veciñas da zona e de fóra da comarca, subiranse á pasarela coas novidades do sector téxtil e complementos dos comercios asociados ao CCA O Barco que se suman ao evento: Döce Ópticos, Miranda X, N37, Garoba, Can-Can, e Montglam en moda e complementos de adulto, e Casabella e Koki en moda e complementos infantís.
O desfile farase en dous pases diferentes, primeiro empezasen as tendas infantís e tras finalizar estas farase unha homenaxe aos ex presidentes que pasaron polo Centro Comercial Aberto (CCA). Tamén se poderá ver á presentadora, na súa versión como cantante xa que nos deleitará cunha actuación xunto coa Acrobata Reyna que aproveitará para facer un pequeno espectáculo.
De seguido continuará o desfile coas tendas de adultos onde todos os espectadores poderán gozar das novas coleccións de moda e complementos que levarán este outono/inverno 2025. Para terminar e tras a despedida da presentadora, haberá unha tirada de globos, un dos cales portará un vale de 500€ para gastar nos establecementos asociados.
A acción, que é unha das máis importantes do programa de actividades do CCA O Barco, está subvencionada pola Deputación de Ourense e pola Xunta de Galicia e conta coa colaboración e o apoio do Concello do Barco.