Destacada actuación dos atletas das Escolas Deportivas de Trives na XLII Copa Deputación Ourense Atletismo – Final Sub14 – Sub16, que se celebraba na tarde do 23 de maio nas pistas Luis Nogueira do Barco
En conxunto os deportistas triveses sumaban oito metais nesta competición, na que vestían a camiseta do Club Adas Cupa.
Os seus resultados son os seguintes:
Aitor García, prata en Jabalina 600gr. e bronce peso 4kg.
Anton Prieto ouro nos 150m. ouro nos 80m. e prata nos relevos 4x80m.
Martín Rodríguez bronce peso 3kg.
Deva Posada ouro en peso 3kg. e prata en xavelina 400gr.
“É un orgullo adestrar a estes atletas e levar o nombre de Trives”, destaca o seu adestrador, Tino Sierra, quen agradece o apoio dos pais e nais dos rapaces, así como o do Adas e o do Concello de Trives, que ese día tamén os acompañaba no Barco.
Fotos cedidas.