
Olalla Meiriño López será a edil que, dende hoxe, pasará a formar parte do grupo municipal socialista no Concello de Ourense, logo da renuncia de José Ángel Vázquez Barquero, e toda vez que Manuel Freire Cid -o seguinte por orde na lista electoral- renunciou a tomar posesión como concelleiro, tal e como informa esta formación política.
Diplomada en Traballo Social pola Universidade de Vigo en 2003, exerce a súa profesión desde 2004, comezando por aquel entón na Administración local, onde adquiríu unha visión fundamental das dinámicas comunitarias. Posteriormente, tamén traballou na empresa privada onde se especializou no sector sociosanitario.
“Toda a súa traxectoria laboral canaliza agora como edil do grupo municipal socialista no Concello de Ourense coa intención fundamental de traballar en equipo ao servizo da política local, poñendo ás persoas no centro de cada decisión”, din deste este grupo político.