Charla dos Cogordos, saída de campo, xantar gourmet, teatro, música, exposición de cogomelos e concurso. Son os ingredientes cos que o Club Montaña Trives organiza cada ano as Xornadas Micolóxicas que nesta fin de semana celebran a XXVI na Pobra de Trives.

Unhas xornadas que comezaban onte, venres 6 de novembro, pola tarde co XI Concurso Tapa Micolóxica que se estenderá ata mañá ás seis da tarde onde cada un dos 11 establecementos participantes poñerán á venda por 2,20€ unha tapa para a súa degustación. “En cada local dispoñen de papeletas e urnas para que o xurado popular elixa a mellor presentación e a máis suculenta; as que dispoñan de 9 selos dos locais entrarán nun sorteo mañá (cesta gourmet, kit completo de micoloxía, ceas para 2 persoas nos establecementos participantes, etc..)”, explican dende o club.

Nesta edición participan Boliche, Manolos, Sky, O Bodegón, A Cantina do Catro, La Pluma, As Maceiras, O Paiño, Estación de Montaña Manzaneda, A Masía e Quintela, que presentaban un gran ambiente tanto o venres coma hoxe.



Fotos: O SIL.