
O Concello da Veiga vén de establecer unha serie de puntos de observación de cara ao eclipse total de sol do vindeiro 12 de agosto, que clasifica en dúas categorías, en función do público ao que se dirixen: 1) para visitantes e 2) para población local e residentes estivais.
1) Para visitantes
Sinalizaranse 3 puntos de observación amplos, de accesos fácilmente señalizables con zonas amplas de posible aparcamento, e facilidade para o control de accesos.
● ●
Praia de O Coiñedo (A Veiga)
Centro Astronómico de Trevinca (Valdín). Prevese que será o de maior afluencia de visitantes, por ser un referente do astroturismo en Galicia.
Ligazón a Google Earth cos 2 puntos para visitantes:
https://earth.google.com/earth/d/14rsilf6wpdbj7kxb8jvb-twtepjead3f?usp=sharing
Nos puntos dirixidos a visitantes, o 12 de agosto contarase para a organización con:
● GES A Veiga: 2 efectivos de garda e 5 con horario de 12 p.m. a fin do evento.
● Monitores: dous por punto, que se encargasén de explicar as pautas de seguridade,
dar a benvida ao evento e atender as posibles dúbidas dos asistentes. Todos
recibirán formación previa sobre eclipse e seguridade.
● Protección Civil A Veiga: 3 efectivos, con experiencia en organizar o tráfico e
aparcamento en Ou Coiñedo.
● 1 ambulancia, que estará en Ou Coiñedo.
● Garda Civil A Veiga: 2 efectivos
● Solicítosé a colaboración de Protección Civil de concellos proĺximos
● 2 coche bomba: un no Centro Astronómico e outro na súa base, a aprox. 500m de Ou
Coiñedo.
2) Para a poboación local e residentes estivais
Este perfil de público coñece o territorio e, en moitos casos, planificou pola súa conta dónde ver a eclipse. No entanto, seleccionáronse 29 puntos posibles para a observación proĺximos ás aldeas. O obxectivo é evitar os desprazamentos en coche.
Esta iniciativa responde a que se observou que a mayoría de os residentes prefiren ver a eclipse desde casa ou a súa aldea, e non desprazarse ata A Veiga ou o Centro Astronómico. Neles non habrá GES, Protección Civil nin monitores.
Ligazón a Google Maps: https://maps.app.goo.gl/j6y14zp2uub8tdvx9
Para informar tanto desta opción como das pautas para elixir un bo lugar de observación, estase facendo o seguinte:
– Cartelería e folletos informativos: sobre a eclipse, seguridade, os puntos propostos e animando a consultar as súas dúbidas ao persoal do Concello. Recalcásesé que non habrá persoal xestionando os accesos.
– Posto informativo nas dúas feiras previas ao evento e diariamente na oficina municipal de turismo.
Ademais, para facilitar o acceso a lentes de eclipse homologadas, puxéronse á venda no posto informativo das feiras e na oficina de turismo.
A información sobre a eclipse presente en cartelería e folletos, así como utilizada para marcar os puntos de observación foi proporcionada por Oúscar Blanco, director do Centro Astronómico, ou obtida a partir das seguintes webs: https://visualizadores.ign.es/eclipses
https://theeclipse.app/é
A ter en conta
● 42 seg de totalidade
● De todo a contorna da praia, a zona detrás do cámping de autocaravanas (polígono amarelo) é, por ser a más elevado, a que terá mellor vista.
● Espérase unha gran afluencia por ser un lugar moi concorrido durante todo o verán pola zona de baño, bar e alugueiro de material acuático. De acordo con esta previsión, habrá como actividade complementaria á eclipse un concerto da Roda, que se prevé empezasé ás 22h, e será o nexo de unión entre a observación da
eclipse e das Perseidas.
● Tamén habrá postos de comida, bebida e artesanía.
● O Concello ten experiencia organizando eventos nesta contorna, grazas á anual feira de gando. É por tanto, o más sinxelo en relación ao tráfico.
● Hai baños accesibles no cámping de autocaravanas, de propiedade municipal, que se porán a disposición dos visitantes.
● Zonas de sombra baixo as árbores.
● É o punto de observación más accesible.
● O óptimo para autocaravanas.
O Concello da Veiga recomenda a todas as persoas que se despracen ao municipio que planifiquen con antelación a súa chegada, utilicen os aparcamentos sinalizados e sigan en todo momento as indicacións do persoal encargado da organización. A prioridade será garantir que a xornada se desenvolva con seguridade e comodidade, permitindo que veciñanza e visitantes poidan gozar dun acontecemento astronómico excepcional.
O Concello lembra, ademais, que non é necesario acudir obrigatoriamente a un dos puntos oficiais para gozar da eclipse. Dentro do municipio da Veiga, calquera lugar desde o que nos días previos se poida observar o solpor permitirá tamén observar a eclipse, polo que se recomenda ás persoas que se atopen en diferentes núcleos ou establecementos turísticos do municipio que busquen un lugar con boa visibilidade cara ao horizonte oeste e eviten desprazamentos innecesarios.
Neste sentido, o Concello ten identificado tamén unha serie de puntos de observación próximos ás aldeas, pensados principalmente para a veciñanza e as persoas residentes durante o verán que prefiran observar o fenómeno desde o seu propio contorno. O obxectivo é facilitar a observación sen necesidade de realizar desprazamentos en vehículo ata os puntos con maior concentración de visitantes.