
Está claro que a orixinalidade, especialmente nestas datas, non ten límites. Así o demostra unha vez máis a xerente do Bar O Callejón, en Viana do Bolo, que fixo ela mesma un taboleiro e unha árbore de Nadal con elfos e caras dos clientes.


“Ata ao alcalde fixen”, asegura Tatyana, quedando pouca xente sen retratar nesta peculiar árbore. Ademais ten un bombo e un carretillo con produtos para o sorteo de Reis. O número custa 10 euros e se non se completa farase noutro sorteo.


Fotos cedidas.