ConcellosÚltima horaVídeos

Orixinal promoción dunha festa de ‘Halloween’ en Vilamartín de Valdeorras

 

Acércase a data de Todos os Santos coa celebración de festas temáticas como o Samaín ou o Halloween da man de asociacións e mesmo negocios.

Un exemplo témolo no Complexo Hosteleiro Paladium de Vilamartín de Valdeorras, que ten programada unha festa de medo para o 31 de outubro que anunciaba dun xeito moi orixinal: cun coche fúnebre que percorre as rúas do Barco explicando o programa a través de altofalantes.

 

 

Desta orixinal promoción que se manterá toda a semana polas tardes, estase ocupando eXclusivo (empresa organizadora de eventos), que na tarde do venres terá ademais unha actividade propia no seu establecemento no Barco chamada “Truco ou Trato” cos diferentes personaxes que pola noite aparecerán na festa do Paladium.

Por outra banda, as persoas que durante esta campaña promocional se fotografíen co personaxe da “Monxa” e suban a foto ás redes, participarán nun sorteo de dúas entradas para a festa.

Back to top button