ConcellosQuirogaÚltima hora

Os actores Edu Soto e Iván Massagué serán os pregoeiros da XLIV Feira do Viño de Quiroga

Fonte da foto: Concello de Quiroga.

 

Os actores Edu Soto e Iván Massagué serán os pregoeiros da XLIV Feira do Viño de Quiroga, tal e como vén de facer público o Concello de Quiroga. Edu Soto, é un actor, humorista e cantante español que traballou con con Andreu Buenafuente con personaxes tan coñecidos como El Neng de Castefa; posiblemente o seu personaxe máis coñecido coa sua famosa frase «¡Qué pasa, neng!».

Como actor participou en máis dunha ducia de películas, a maioría comedias, nas que interpretaba diversos personaxes como Mortadelo en Mortadelo y Filemón. Misión: salvar la Tierra; Curro en Perdiendo el este; ou Rodrigo Rodríguez en Los Rodríguez y el más allá.

Edu Soto combinou a súa carreira no cine cunha extensa traxectoria no teatro, na televisión, na radio e en programas de humor, participando como colaborador, concursante, invitado e incluso presentador.
Pola súa banda, Iván Massagué é un actor que traballa en cine, teatro e televisión. A súa carreira gañou proxección internacional nos últimos anos, especialmente tras o éxito mundial de El Hoyo, na que encarna o papel protagonista (Goreng).

Ademais de participar en 24 películas dando vida a diversos personaxes tamén ten unha ampla traxectoria en series de televisión, participando nunha trintena e sendo recordado por personaxes icónicos en “El Barco”, “Siete vidas” ou “La familia Mata”.

Os dous coñecidos actores serán os que se encarguen do pregón da Feira do Viño de Quiroga, acto que se levará a cabo o sábado día 4 de abril dentro dos actos da XLIV Feira do Viño de Quiroga (3, 4 e 5 de abril)

Back to top button