Un ano máis, malia o día infernal con moito vento e chuvia sen parar, na mañá deste sábado 6 de decembro catro Andarines de Arcos (Vilamartín de Valdeorras), Loli, Demetrio, Lucio e Carlos, completaban o ascenso ata o Alto do Montouto (1.541m), para colocar o Nacemento. Unha ruta circular de case 18 km con saída e chegada ao Robledo (Cernego).
Nese punto hai xa outras ofrendas, entre elas a Luis Nogueira, e por suposto máis beléns.


Fotos e vídeo cedidos.