O Colexio Oficial da Arquitectura Técnica de Ourense celebrou o pasado día 5 de xuño, como vén sendo habitual, o encontro de confraternización de colexiados/as coincidindo coa festividade de San Xoán de Ortega, patrón dos Aparelladores e Arquitectos Técnicos.
Nesta ocasión o acto tiña lugar no Pazo Los Escudos Hotel & Spa Resort 5*, na praia do Carril (Vigo), “onde se homenaxeou aos compañeiros e compañeiras máis veteranos que alcanzaron os 25 e 50 anos de traxectoria profesional, cuxo percorrido inspira a toda a profesión, e dábase a benvida aos novos colexiados, que representan o futuro e a ilusión renovada do noso colectivo. Un instante para atoparnos, compartir, agradecer e celebrar”, segundo a entidade colexial.
Á cita acudiron 93 persoas entre colexiados e acompañantes xunto co persoal do Colexio e a súa Xunta Directiva. Segundo o seu , Darío López Fernández, “é o acto con maior repercusión entre os colexiados e a Xunta de Goberno envórcase na súa organización para que se xeren momentos de distensión e complicidade na marxe das tarefas diarias que lles ocupan”.
Fotos cedidas.
