ConcellosÚltima horaVídeosVilamartín

Os arrastres causados polas intensas chuvias no monte queimado cortan a comunicación por estrada a San Vicente e Robledo (Vilamartín)

 

Son multitude as incidencias que as chuvias están deixando neste domingo no municipio de Vilamartín de Valdeorras, fortes precipitacións que, como consecuencia dos graves incendios do verán a 2025, están a arrastrar gran cantidade de pedras e troncos. Un deses arrastres, pola gran cantidade de material acumulado, provocaba

Xa as dez da mañá, a pedánea de San Vicente recibía as primeiras chamadas de veciños preocupados ante a posibilidade de que se produciran arrastres. E ás 11:30h. a veciñanza de Baxeles sentía o gran estrondos dos arrastres que viñan da montaña, pero aínda non repercutirán abaixo. Contra as 12:20h. a pedánea avisaba ao 112 do risco para a aldea de San Vicente, e pouco despois, o caborco do Ventín “rebentaba”, facendo “como efecto de cando rebenta unha presa”. Isto supuxo que baixaba todo material acumulado a gran velocidade, como consecuencia diso colapsaba a ponte de Baxeles. Ademais, tamén se alcanzaba a estrada municipal, na zona dos Calavedos, vía que une O Mazo con San Vicente.

O impacto na estrada foi tan forte, que segundo as informacións achegadas pola veciñanza, a estrada municipal resultaba máis danada que a OU-0807 (cortada tamén pola caída da ponte en Baxeles). A preocupación era máxima ao mediodía xa que quedaba incomunicado San Vicente de Leira e os veciños que estaban alá, así como no Robledo (onde non vive ninguén pero, nestes momentos non está confirmado se hai alguén ou non que subise na fin de semana).

 

Estrada OU-0708 cortada por mor dos arrastres.

 

Dende ese momento o principal obxectivo da pedánea de San Vicente, Rosana Fernández, así como da alcaldesa de Vilamartín, Sherezade Núñez, era tratar de sacar de forma segura á veciñanza da aldea. Nese senso, a rexedora, Sherezade Núñez, confirmaba ás 17:30h. desta tarde ao Periódico O SIL que San Vicente está incomunicado e que o Concello, “en coordinación con Protección Civil, a Garda Civil e a Deputación de Ourense” están tratando de buscar unha alternativa para sacar a veciñanza que está na aldea. “Estamos mirando a posibilidade usar unha pista forestal”.

Finalmente, non se vai proceder a evacuación da veciñanza. Así o confirmaba pasadas as seis da tarde a pedánea de San Vicente de Leira, que conseguía acceder nun todoterreo por unha pista forestal a localidade e que confirmaba que este corte sorprendía a persoas que viven na localidade fóra, e que agora non poden acceder, e a outras que subían a pasar a fin de semana na aldea e que mañá non van poder acudir ao traballo.

Fotos cedidas.

 

Estrada municipal cortada na zona do Mazo.
Back to top button