
A celebración do 5Rallye de Ourense 2026 obrigará a modificar os percorridos de varias liñas do servizo de autobuses urbanos da cidade desde o venres, 12 de xuño, ás 18 horas ata o sábado 13. Os cortes de tráfico previstos farán necesario o uso de itinerarios e paradas provisionais. De xeito previo, o xoves, 11 de xuño (a partir das 19:30 e ata as 00 horas), haberá restricións operativas e cortes puntuais nos viais afectados polo itinerario da proba.
Modificacións xerais nas liñas centrais
As liñas máis afectadas pola restrición do eixo central (Liñas 1, 2, 3, 7, 8, 10, 11, 12, 14A, 14B e 16) realizarán estes desvíos:
• Sentido Curros Enríquez: Os autobuses circularán por detrás da Subdelegación de Goberno. A parada do Parque San Lázaro quedará anulada, pasando a facerse unha parada provisional no carril por detrás da Subdelegación de Goberno.
• Sentido Xardín do Posío: Desde a rúa Curros Enríquez, os autobuses circularán pola Avenida da Habana e a rúa do Progreso. A parada de Xoán XXIII (Abanca) quedará anulada, pasando a facerse unha parada provisional no carril bus da rúa Curros Enríquez, no cruzamento coa Habana.
Rutas alternativas por liñas específicas
• Liña 4 Eirasvedras – Antiga estación de autobuses – Seixalbo: En sentido Seixalbo, dende a rúa Concello (Parada provisional) e Xoán XXIII. En sentido Eirasvedras, fará a ruta alternativa por detrás da Subdelegación de Goberno (Parada Provisional).
• Liña 5 Reza – Ceboliño Pobo: En sentido Ceboliño pobo, irá pola rúa Pardo de Cela, Progreso, Xoán XXIII (parada provisional detrás da Subdelegación do Goberno), Curros Enríquez, Celso Emilio Ferreiro e Avenida de Bos Aires. En sentido Reza, circulará pola Avenida da Habana, Curros Enríquez, Habana, Progreso e Ervedelo.
• Liña 6 Antiga estación de autobuses – As Curuxeiras: En sentido As Curuxeiras, transitará por Pardo de Cela, Progreso, Xoán XXIII (parada provisional detrás da Subdelegación do Goberno), Curros Enríquez, Celso Emilio Ferreiro e Xoán de Nova. En sentido Antiga Estación de Autobuses, irá pola Avenida da Habana, Curros Enríquez Curros Enríquez, Habana, Progreso e Ervedelo.
• Liña 9 A Chavasqueira – Mende – Cemiterio de Velle: En sentido A Chavasqueira, Mende e Cemiterio de Velle, circulará por rúa Curros Enríquez, Habana, Progreso, Xoán XXIII (parada provisional Subdelegación do Goberno) e Curros Enríquez.
• Liña 13 Universidade Laboral – A Cuña – Palmés: En sentido Residencia, irá por Curros Enríquez, Habana, Samuel Eiján, Curros Enríquez, Celso Emilio Ferreiro e Xoán de Nóvoa. En sentido Palmés, fará o percorrido por Habana, Curros Enríquez, Habana, Progreso, Xoán XXIII (parada provisional detrás da Subdelegación) e Curros Enríquez.
• Liña 15 Praza Maior – O Tinteiro – Praza Maior: Desde a rúa Concello fará o percorrido de ida e volta pola rúa do Progreso ata a Praza Maior.
