ConcellosPetínÚltima hora

Os “Bois de Mario Nogueira”, un dos reclamos da Feira de 1812 en Petín

 

Durante esta fin de semana Petín regresa ao século XIX para celebrar unha nova edición da Feira de 1812, con numerosos postos de artesanía, gastronomía e outros artigos, así como adegas da D.O. Valdeorras espallados por todo o empedrado casco vello da localidade, engalanado para a ocasión.

 

 

E entre os reclamos da mostra, un ano máis estiveron os “Bois de Mario Nogueira” que sempre participa nas actividades do concello, reivindicando o papel do rural e o labor da gandeiría. Así, na tarde do sábado 6 de xuño podían verse, exemplares adultos e tamén crías, facendo as delicias do público que non dubidaron en fotografarse aos seu carón.

 

 

Fotos cedidas.

Back to top button