OurenseÚltima hora

Os Bombeiros de Ourense liberan a unha persoa cun pé atrapado nunha máquina agrícola

 

Na mañá deste sábado 26 de setembro, os Bombeiros de Ourense liberaban unha persoa cun pé atrapado nunha máquina agrícola, cando “estaba a traballar nunha leira da súa propiedade na rúa Bispo Muñoz de la Cueva, en Ourense”, explican dende o 112 Galicia, que recibía o aviso por parte do equipo de Urxencias Sanitarias de Galicia-061.

“Iso permitiu a organización dun operativo, que implicou aos profesionais sanitarios e aos Bombeiros de Ourense. De feito, foron os efectivos do parque municipal quen se ocuparon de liberar o ferido, pois tiña un pé atrapado nunha máquina agrícola”, indican dende o servizo de emerxencias, engadindo que posteriormente, o ferido era atendido polo persoal médico e mesmo evacuado ao centro hospitalario de referencia “cunha posible fractura na extremidade inferior, que deberá ser confirmada polos sanitarios”.

Este operativo, que se puxo en marcha ás 10:30 horas desta mañá, completouse coa intervención dos axentes da Policía Local e Nacional.

Back to top button