OurenseÚltima hora

Os Bombeiros de Ourense presentan o seu calendario solidario no CHUO

A venda do calendario será destinado integramente a beneficio das asociacións de dano cerebral adquirido, autismo e esclerose múltiple de Ourense (DCA Ourense, Por Eles TEA e AODEMPER)

 

Bombeiros de Ourense visitaron hoxe o Hospital Universitario para presentar o seu calendario solidario de 2026, que recadará fondos coa súa venda para as asociacións Dano Cerebral Adquirido de Ourense (DCA Ourense), Por Eles TEA e AODEMPER (Asociación Ourensana de Esclerose Múltiple, Parkinson e Enfermidades Raras), co obxectivo de apoiar o seu labor social.

Á venda por 5 euros, o calendario recolle imaxes dos efectivos do corpo de bombeiros municipal de Ourense, xunto a pacientes e voluntarios das tres asociacións beneficiarias este ano da iniciativa, retratados por recoñecidos fotógrafos de Ourense que colaboran de xeito altruista aportando o seu tempo e talento.

Os autores das doce fotos do calendario son de Alán Pérez, Lucía Otero, Lena Repetskaya, Laura Prieto, Sofía Taboada, Alejandro Camba, Marcos Atrio e Brais Lorenzo.

 

 

No acto de hoxe no hospital, organizado polo Servizo de Atención ao paciente e  Humanización, os bombeiros estiveron acompañados tamén por representantes das asociacións e voluntarios.

Ademais da venda directa en máis de trinta puntos da cidade, o calendario pode adquirirse na tenda Ilunion Hospital Universitario de Ourense, na planta baixa do novo edificio de hospitalización, que se suma tamén a esta iniciativa solidaria.

Back to top button