ConcellosQuirogaÚltima hora

Os bombeiros rescatan a un home ferido ao caer nunha zona de difícil acceso en Quiroga

 

Na tarde deste sábado 18 de outubro os bombeiros rescataban a un home ferido ao caer nunha zona de difícil acceso en Quiroga, tal como indican dende o 112 Galicia, explicando que o implicado “lesionouse unha perna e non podía desprazarse ata o punto ao que chegaba a ambulancia”.

Foi unha familiar quen alertou ao 112 Galicia, pouco antes das 14 horas. “O home sufriu un accidente cando se atopaba nunhas colmeas no lugar de San Pedro, en Quintá de Lor. Como resultado, quedou ferido nunha perna”, indican dende o Centro Integrado de Atención ás Emerxencias que solicitaba a acción de Urxencias Sanitarias de Galicia-061, dos Bombeiros de Monforte, do GES de Folgoso do Courel e da Garda Civil.

Finalmente os bombeiros procederon co rescate do ferido, que foi atendido e trasladado polos profesionais sanitarios.

Back to top button