En portadaÚltima hora

Os Boteiros impoñen a súa lei en Vilariño de Conso, ao ritmo dos fulións

 

Numerosas persoas desprazábanse neste 14 de febreiro ata Vilariño de Conso para desfrutar do seu Entroido tradicional que neste 2026 se estrea como Festa de Interese Turístico Nacional. A partir das 11:30h. cobraba vida dende o Toural un intenso desfile, que remataba nas proximidades do Cenza, marcado polos toques de bombos, aixadas e gadañas e polos Boteiros (coas súas singulares danzas e saltos) dos diferentes fulións, chegados dende diferentes puntos do municipio e tamén de concellos limítrofes.

 

 

 

 

 

Abría a comitiva o Fulión de Vilariño de Conso, seguido dos de Pradoalbar, O Val, Conso, Veiguiña e San Cristovo, así como polos de Mormentelos, Carracedo da Serra (A Gudiña), Buxán (O Bolo), Bembibre e As Carrelas (Viana do Bolo), o da Mourela p’acá (Manzaneda), A Lardeira (Trives). Pechaba o desfile o fulión de Chaguazoso (Vilariño de Conso).

Fotos: A.R.

 

Back to top button